A Fundación Príncipe de Asturias convoca dende 1981 os Premios Príncipe de Asturias que, anualmente, son entregados por Su Alteza Real el Príncipe de Asturias, Presidente de Honra desta institución, nun solemne acto académico que se celebra en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Son obxectivos primordiais da Fundación consolidar os vínculos existentes entre o Principado e o Príncipe de Asturias e contribuír á exaltación e promoción de cantos valores científicos, culturais e humanísticos son patrimonio universal.
Os premiados na edición deste ano 2010 son: Richard Serra (Artes), Selección española de fútbol (Deporte), Mans Unidas (Concordia),Amin Maalouf (Letras), David Julius, Baruch Minke e Linda Watkins(Investigación Científica e Técnica), Equipo arqueolóxico dos Guerreiros Xi'an (Ciencias Sociais), Alain Touraine e Zygmunt Bauman (Comunicación e Humanidades) e The Transplantation Society e a Organización Nacional de Transplantes (Cooperación Internacional).
-Amin Maalouf: A súa obra, traducida a máis de 20 idiomas, sitúao como un dos escritores contemporáneos que máis afondou na cultura mediterránea, representada como un espazo simbólico de convivencia e tolerancia.
-Richard Serra: Está considerado un dos escultores máis relevantes da vangarda da segunda metade do século XX pola súa innovadora visión.
-David Julius, Baruch Minke e Linda Watkins: Considerados pola comunidade científica como referentes mundiais da Neurobioloxía sensorial, David Julius, Baruch Minke e LindaWatkins descubriron, dende aproximacións complementarias, as causas e mecanismos polos que se produce e percibe a dor, así como outras sensacións como o frío, a calor ou o gusto. Os descubrimentos destes científicos abren novas e esperanzadoras vías ao deseño racional de terapias e medicamentos específicos para o tratamento selectivo dos diferentes tipos de dor, un dos grandes retos da medicina de todos os tempos.
-Equipo arqueolóxico dos Guerreiros Xi'an: Considerado un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes do século XX, o depósito dos guerreiros de terracota, tamén coñecidos como Guerreiros de Xi'an, é unha fonte de información de extraordinaria riqueza sobre a civilización chinesa.
Alain Touraine e Zygmunt Bauman: Considerados dous dos máximos expoñentes do pensamento europeo actual, Alain Touraine e Zygmunt Bauman analizaron as profundas transformacións das estruturas sociais contemporáneas e desenvolveron conceptos clave para a comprensión de cuestións fundamentais do noso tempo.
The Transplantation: Ambas as dúas institucións destacan polo seu determinante labor no establecemento dos principios médicos e éticos que rexen os procesos clínicos e a investigación científica relacionada cos transplantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario